A catedral de Santiago estrea iluminación interior

Coincidindo co dobre Ano Santo a Catedral de Santiago inaugura iluminación interior, pensada para respectar a luz natural que entra por catro rosetóns. Intaláronse 700 luminarias nas naves, cruceiro, xirola e Pórtico da Gloria e colocáronse nos corredores 36 lámpadas deseñadas exclusivamente para este templo que imitan as que había antigamente cambiando as candeas por leds. Este proxecto de iluminación pretende manter o ambiente de recollemento que sempre tivo para os peregrinos ao tempo que destaca todos elementos de gran valor patrimonial da Catedral. O proxecto desenvolvérono Iberdrola e o Cabido, baseándose en tres preceptos: compromiso pola sustentabilidade, respecto pola relixiosidade e desenvolvemento cultural.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha