A ceense Ana Oca, unha das tres protagonistas do filme “A Illa das Mentiras”


“A illa das mentiras”, a primeira película que dirixe a coruñesa Paula Cons, chegou ás salas de cine galegas.

Un filme que recorda o afundimento do Santa Isabel, un buque que embarrancou no ano 1921 na costa da Illa de Sálvora e onde faleceron máis de 200 persoas.

A película quere render homenaxe ás tres mulleres que lles salvaron a vida a 48 persoas naquel naufraxio. Unha desas mulleres está protagonizada pola ceense Ana Oca.