A central térmica de Meirama pasa á historia

Foto.- Central de Meirama_Cerceda.

A central, foi un dos principais centros de produción de electricidade de Galicia que chegou a empregar unhas 300 persoas, agora pecha tras máis de 40 anos de actividade.

Co seu peche, tamén caen decenas de postos de traballo indirectos e as arcas municipais, xa que o Concello deixará de ingresar un millón de euros ao ano, por iso a localidade pide a reindustrialización da zona con industrias alternativas para fomentar o emprego.

Naturgy comprometeuse a investir 80 millóns de euros na construción de dous parques eólicos e unha planta de biogás, pero os traballadores da térmica quéixanse da falla de concreción.

A de Cerceda é unha das sete centrais en España que deixa de funcionar. O motivo é que non se investiu para adaptarse ás normativas ambientais europeas e aseguran desde as compañías propietarias que non é rendible.

Os traballos de desmantelamento da central durarán entre 3 e 5 anos e custarán preto de 14 millóns de euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha