A chegada do AVE a Galicia xa é unha realidade

1 minutes read

A ministra de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, asistiu á viaxe de probas do tren de alta velocidade entre Madrid e Ourense, onde anunciou que xa se poden comprar billetes para a LAV Madrid-Galicia, que comezará a operar con pasaxeiros o próximo 21 de decembro de 2021, cumprindo co compromiso adquirido.

Raquel Sánchez estivo acompañada polo presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco; polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; e polos principais responsables de Mitma, a secretaria de Estado, Isabel Pardo de Vera; o secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez; a presidenta de Adif, Maria Luisa Domínguez; e polo presidente de Renfe, Isaías Taboas.

O tramo probado entre Pedralba de la Pradería (provincia de Zamora) e Ourense, de 119,4 quilómetros de lonxitude, supuxo un investimento aproximado de 2.965 millóns de euros e dá continuidade ao tramo posto en servizo hai pouco máis dun ano entre Zamora e Pedralba de la Pradería.

Desta forma, complétase a conexión entre Madrid e Galicia na que o Estado investiu máis de 9.000 millóns de euros nos últimos 16 anos. Raquel Sánchez, na súa intervención, fixo fincapé en que o inicio das circulacións comerciais e unha nova oferta de servizos mellorará a conexión de Madrid con todas as provincias galegas de forma substancial.