A choiva non puido cunha moi concorrida feira de Paiosaco

Imagen de archivo de la feria de Paiosaco, A Laracha

A feira de Paiosaco é unha das máis importantes da provincia. Este domingo viviu unha nova edición en todo o seu esplendor. Instaláronse postos de todo tipo e houbo un movemento de xente moi considerable e cunhas vendas extraordinarias. As limitacións xa non afectan tan taxantemente aos bares, que viron incrementados os seus aforos tanto os da feira como os propios do lugar. Os postos de venda estiveron cubertos case na súa totalidade, e tan só a intensa choiva desluciu e complicou por momentos o normal discorrer de compradores e vendedores.