A choiva obrigou a cortar a N-340 e a AP-7 en Tarragona


As fortes choivas caídas nas últimas horas no Camp de Tarragona obrigaron a cortar ao tráfico a estrada N-340 e a AP-7. Protección Civil activou este venres, en fase de alerta, o plan INUNCAT e, unha vez iniciada a forte choiva na zona de Tarragona, pediu aos cidadáns que limiten ao máximo a mobilidade ata que pase o período de intensas precipitacións. Segundo informaron Protección Civil e os Bombeiros da Generalitat, descargaron fortes choivas en Tarragona e os municipios da contorna, acompañadas ademais de tormentas eléctricas. Tamén o Concello de Tarragona recomendou que, en caso de necesidade, chamen ao 112 ou ao 092, correspondente á Garda Urbana.