38
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, valorou a conciencia solidaria da cidadanía galega, que fixo máis de 3 millóns de doazóns de sangue desde 1993, e lembrou a importancia de doar sangue como un xesto altruista grazas ao cal se poden salvar moitas vidas. A maiores, fixo un chamamento especial aos doantes do grupo 0+ xa que se atopa en nivel baixo para aumentar e recuperar o seu ritmo normal. A maior demanda en Galicia céntrase nos grupos sanguíneos A+ e 0+, xa que son tamén os máis numerosos entre a poboación, pero lembrou que o 0-, ao ser doante universal, é un tipo de sangue que sempre se necesita nos centros hospitalarios porque se pode empregar con todos os pacientes.