A Cidade da Cultura convida a gozar dos dez concertos de agosto de Atardecer no Gaiás

1 minutes read

O Gaiás recibe este xoves a Catuxa Salom, galega de raíces arxentinas que abandonou Madrid por unha aldea de Lugo, onde nace a súa música. Os seus temas son un canto á vida rural, ao ecofeminismo e ás composicións que fusionan o folclore galego con ritmos latinoamericanos baixo unha envoltura electrónica.

O venres será a quenda de Elia Galdo, coñecida como KYR4, unha das grandes promesas do rap español. A coruñesa comezou en 2021 a compoñer as súas primeiras cancións, e alcanza o éxito de público con Cantándote al oído, tema que dá comezo oficial á súa carreira.

Xunto a eles, pasarán en agosto polo Gaiás bandas galegas emerxentes, como Lontreira ou Moura, así como as formacións gañadoras do certame Xuventude Crea: Faíscas e Xa’lum. A edición complétase co rock dos madrileños Parquesvr e coas melodías da mallorquina Júlia Colom.