A Cidade das TIC converterá á Coruña nunha referencia nacional en tecnoloxía e ciencia

Este mércores tivo lugar o inicio oficial das obras da Cidade das TIC na Coruña. No encontro estiveron presentes o presidente da Deputación provincial, Valentín González Formoso, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral.

González Formoso sinalou que se trata «dunha aposta visionaria de Julio Abalde que nos permite que este espazo teña unha vida, que continúe sendo un centro de produción laboral, neste caso tecnolóxico, adaptándose aos novos tempos, e que dea soporte aos sectores tradicionais da economía galega».

O presidente provincial agradeceu o compromiso do Goberno de España e do Ministerio de Defensa, «que tivo suficiente visión e compromiso coa cidade para que isto non sexa un espazo abandonado máis nun lugar neurálxico e estratéxico». Formoso tamén amosou o seu agradecemento a Francisco Conde «polo impulso económico a un proxecto motor da tecnoloxía en Galicia» e á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, por aproveitar unha oportunidade para que a cidade «ademais de ser referencia no ámbito loxístico mariño, na industria pesada, no coñecemento universitario e no tratamento sanitario, sexa referencia naquela parte da economía que da soporte a todas as demais, como é a tecnoloxía e a ciencia»

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha