A cidade reforzarase con tres novos vehículos de emerxencias

1 minutes read

Será grazas a un convenio valorado en 120.000 euros asinado entre a Deputación, a Xunta e o Concello, cun obxectivo común, reforzar este servizo para emprego dentro do concello ou en concellos limítrofes en materia de protección civil e emerxencias pero tamén para a prevención, promoción, divulgación, información e socorro dos peregrinos e peregrinas que camiñan polas diferentes rutas cara a Santiago de Compostela, así como nos actos de concentración de persoas programados.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e o alcalde do Concello de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, asinaron este convenio no Pazo de Raxoi, nun acto no que tamén estaban presentes a deputada Mila Castro e o deputado Blas García.