A ciencia confirma que este foi o verán máis quente de Europa


Os satélites Copernicus ditaminaron que este verán foi o máis caloroso que viviu o continente desde que hai rexistros. Segundo un comunicado do Servizo de Cambio Climático do sistema europeo publicado o xoves, durante o mes de agosto, a temperatura media mundial foi 0,3 °C superior á media entre 1991e 2020. Pero os datos de Europa indican que o aumento foi de 0,8 °C . Isto supón 0,4 °C máis que no verán de 2021, que tamén marcou un récord. Curiosamente, na maior parte de Escandinavia e nalgunhas rexións do centro e sueste de Europa as condicións foron predominantemente máis húmidas que a media. As sucesivas ondas de calor deste verán causaron enormes danos ambientais. Multiplicaron e agravaron os incendios, secado ríos e lagos e decimado os cultivos. O cambio climático está aquí para quedar, de nós depende un xiro que non será sinxelo nin rápido.