A científica Margarita Salas, protagonista da Galería Mulleres de Muxía do mes de xuño

La investigadora Margarita Salas_Concello de Muxía

  • Desenvolveu a patente máis exitosa na historia do CSIC, a ADN polimerasa

Margarita Salas será a protagonista da Galería Mulleres de Muxía durante o mes de xuño. Nada en Carnero (Asturias) no ano 1938, estudou química e realizou a tese doutoral en Madrid, baixo a dirección de Alberto Sols, aconsellada por Severo Ochoa. Margarita Salas foi un exemplo de como naquela época as mulleres sufrían actitudes machistas por parte dos seus colegas.

Tras residir en Nova York, retornou nos anos 60 a España para introducir o incipiente campo da bioloxía molecular. Traballou intensamente, descubriu algúns dos segredos do ADN e desenvolveu a patente máis exitosa na historia do CSIC, a ADN polimerasa. Firme defensora da investigación básica e amante da docencia, obtivo grandes logros en investigación e formou a moitos científicos.

Durante a súa intensa carreira publicou numerosos artigos e ostentou cargos á fronte de institucións científicas como a presidencia da Sociedad Española de Bioquímica, a dirección do Instituto de Bioloxía Molecular do CSIC e do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa e a presidencia da Fundación Severo Ochoa. Desde o ano 2015, Margarita Salas ten o seu propio museo en Luarca (Asturias).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha