A cifra de mortos polo terremoto de Haití xa excede os 700

1 minutes read

Xa hai polo menos 724 mortos, último balance e non definitivo da traxedia feito por Protección Civil. Centos de casas e de poboados de chabolas destruídos polo potente terremoto de magnitude 7,2 que sacudiu Haití.

Agora o país céntrase na procura dos centos de desaparecidos e á procura de sobreviventes entre os entullos. O seismo deixou poboacións arrasadas e provocou desprendementos de terra que dificultan os labores de rescate. Para empeorar a situación está previsto que unha tormenta tropical atravese o país. A chegada de Grace espérase para este luns.

O Primeiro Ministro, Ariel Henry, insiste en que se envía rapidamente axuda ás zonas máis afectadas e aos hospitais atafegados pola chegada de pacientes. Uns centros xa desbordados pola loita contra a pandemia e a falta de recursos para facerlle fronte.