A CIG denuncia a “irresponsabilidade” da cadea de supermercados Gadis ante o coronavirus

Fonte.- nostv.

Nas últimas horas, confirmábase o primeiro caso de coronavirus entre as traballadoras dun supermercado de GADIS situado na rúa Montero Ríos, na cidade de Compostela. Con esta información, o sindicato CIG presentouse ás portas do establecemento ás 7 da mañá deste venres para ver se a empresa tomaba as medidas oportunas. Para a súa sorpresa, isto non era así. Segundo informa a central sindical, a empresa mantiña a súa actividade con total normalidade agás a dun equipo de limpeza que se atopaba no interior do supermercado. “Facían limpeza superficial”, matizan dende a CIG. Ás 9 da mañá, o GADIS abría as súas portas ao público con plena normalidade e mantendo o horario comercial na súa amplitude. Dende a CIG denuncian a “irresponsabilidade” desta cadena de supermercados por non adoptar as medidas de protección adecuadas ante a expansión do COVID-19.

Fonte.- Nostv.