48
Continúan as denuncias pola mala xestión e o pouco persoal do centro de saúde de Carballo. Nesta volta, a Confederación Intersindical Galega-Saúde (CiG-Saúde) pon de manifesto que, na actualidade, neste centro hai 5 baixas dentro do persoal de enfermaría «ao non substituírse as ausencias dos profesionais titulares».
Xoán M. Sande, delegado sindical de CiG-Saúde, non entende esta situación nun momento no que o concello de Carballo conta cunha incidencia acumulada de máis de 250 casos «que fai habitual a carga de traballo».
Desde a confederación consideran que «esta situación non se pode permitir» e que «xa está ben de que nos centros de saúde se teña que continuar asumindo cada vez máis traballo con menos persoal».