A CIG denuncia que a Xunta pretende privatizar servizos no hospital Montecelo en Pontevedra


Segundo indica o sindicato CIG-Saúde, a estratexia da Consellería e da Xerencia da área de Pontevedra e O Salnés pasa por adxudicar o servizo de mantemento en contrato a unha empresa privada, “tal e como se recolle no prego de cláusulas administrativas para a contratación da reforma e ampliación do hospital Gran Montecelo”. Ademais, salientan que non existe partida orzamentaria para o servizo de mantemento, “co que é de supoñer que a empresa terá que facer fronte a este custe rebaixando a calidade dos materiais da obra”.