A CIG mobilízase contra a “nova reforma laboral” que prorroga os ERTE

1 minutes read

A CIG continuou este mércores o calendario de accións mobilizadoras para esixir políticas que permitan unha saída á crise sanitaria, económica e social favorábel á clase traballadora e ás maiorías sociais. Desta volta, a central realizou concentracións diante da Delegación do Goberno na Coruña, das subdelegacións de Lugo, Pontevedra e Ourense, en oficinas do SEPE e do INSS de Vigo e Vilagarcía, no edificio da Xunta en Ferrol e na Praza de Galiza de Santiago, coincidindo co debate e votación no Pleno do Congreso do RDL 18/2020, unha sorte de “nova reforma laboral” que afonda no abuso patronal, non garante os ingresos das familias nin a recuperación do emprego, malia o seu rimbombante título: Real Decreto-Lei de medidas sociais en defensa do emprego.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?