A CIG mobilizouse nas rúas por unha saída xusta da crise

Cedida.

A CIG desenvolveu este domingo unha xornada de mobilizacións en 18 localidades do país na que centos de persoas botáronse á rúa para reclamar unha saída galega xusta da crise. O secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, que participou na protesta de Vigo, fixo un chamamento a intensificar a loita obreira e a mobilización popular para forzar a posta en marcha de políticas que permitan iniciar unha auténtica recuperación económica e social para lograr emprego, salarios e pensións dignas en Galiza.