- Actualmente tan só traballan 9 profesionais de 16 durante a quenda da mañá
A CIG-Saúde considera «inadmisible» a situación «límite» que se está producindo no centro de saúde de Carballo estes días despois do traslado a outro centro da «única médica substituíndo nun cupo que está sen médico desde hai moitos meses» debido a unha decisión da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña.
O representante da CIG-Saúde A Coruña, Xoán M. Sande Muñiz, sinala que no centro de saúde de Carballo estase dando unha situación «realmente inadmisíbel, con 9 profesionais de 16 traballando na quenda de mañá»; e engade que «a axenda do cupo médico que substituía a profesional desprazada bloqueouse, sen poder polo tanto citar pacientes durante toda esta semana».
«Esta é a situación dantesca que cada verán se vive na Atención Primaria da sanidade pública galega, a situación límite á que nos levaron todos estos anos de recortes e abandono», sinala Sande, e recalca que «o vivido esta semana no centro de saúde de Carballo sobrepasa todos os límites, mesmo poderiamos consideralo un desprezo á poboación».