- O BNG presentou unha proposición non de lei de cara á conservación dun oficio centenario
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou este luns no Parlamento unha proposición non de lei para volver a reactivar o secadoiro de congro artesanal clausurado hai unhas semanas por Sanidade.
Os deputados Daniel Pérez López, Rosana Pérez Fernández e Mercedes Queixas Zas foron os encargadas de levar esta situación a outro nivel político, sumándose así ás reivindicacións da veciñanza, persoeiros coñecidos e consumidores deste pescado na loita por conservar a tradición e identidade de Muxía.
A formación nacionalista tamén solicita que as administracións asesoren aos propietarios destes secadoiros, quen xa recibiron esta semana a sanción correspondente, ao tempo que reclama que se cambien as normas necesarias para seguir adiante cun oficio cuxas orixes se remontan á Idade Media.