A Cociña Económica é unha das entidades para as que traballa un equipo de profesionais coordinado, entre outros, polo chef Tito Fernández. Comezaron elaborando catrocentas racións diarias e agora xa preparan máis de mil.
Para a Cociña Económica a crise sanitaria e social do coronavirus representou un incremento substancial de usuarios. Ademais das habituais, atenden agora as necesidades de familias que dun día para a outro quedaron sen ingresos.
A axuda que chega desde os fogóns do hotel Finisterre recíbena como un insuflador de osíxeno en tempos críticos. Dous días á semana reparten alimentos a cincocentas familias e a diario entregan os menús elaborados a unhas duascentas cincuenta persoas, todo grazas á ONG World Central Kitchen.