A cociña provincial estará no Forum Gastronómico 2019 en Barcelona

1 minutes read
  • A empanada de Carballo terá un protagonismo especial, así como a cociña da Costa da Morte, da man de Adrián Felípez e Caco Agrasar.

Este luns 18 de novembro comeza en Barcelona o «Forum Gastronómico 2019» que terá lugar ata o mércores 20 do mesmo mes. Neste evento danse cita os cociñeiros máis importantes do panorama nacional así como as empresas máis punteiras no ámbito gastronómico.

O evento terá lugar no recinto feiral Montjuïc, na praza de España.

Como en edicións anteriores, a Deputación da Coruña acude cun stand, onde convidou a todos os concellos da provincia có fin de promocionar o seu produto gastronómico e darlle visibilidade aos atractivos gastronómicos locais.

No stand, os visitantes poderán acceder a material promocional da provincia así como asistir a showcookings da man de cociñeiros en representación de cada xeodestino turístico.

Por outra parte, as empresas convidas polos concellos, terán presenza todos os días facendo degustacións de produto local no propio stand: empanada de Carballo, aceites de Vedra, queixos de Arzúa…

Por último, a Deputación da Coruña tamén terá presenza no escenario principal, denominado Agora, no que dous cociñeiros galardoados con estrela Michelín realizarán showcookings para os asistentes promocionando o produto local.

PROGRAMA NO STAND DEPUTACIÓN DA CORUÑA

LUNS 18 NOVEMBRO

SHOWCOOKING A CARGO DE XEODESTINO
12:30h ADRIAN FELIPEZ A CORUÑA E AS MARIÑAS
18:30h DANIEL LOPEZ FERROLTERRA
DURANTE TODO O DÍA QUEIXO DE ARZÚA
ACEITE DE VEDRA
EMPANADAS DE CARBALLO

MARTES 19 NOVEMBRO
12:30h CACO AGRASAR COSTA DA MORTE
14:30 LOLO MOSTEIRO
18:30h KIKE PIÑEIRO TERRAS DE SANTIAGO
DURANTE TODO O DÍA QUEIXO DE ARZÚA
ACEITE DE VEDRA
EMPANADAS DE CARBALLO

MÉRCORES 20 NOVEMBRO
12:30h PEPE A MURADANA RIA DE MUROS E NOIA
18:30h BEATRIZ SOTELO FERROLTERRA
DURANTE TODO O DÍA QUEIXO DE ARZÚA
ACEITE DE VEDRA
EMPANADAS DE CARBALLO