Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González, que -acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén- mantivo unha xuntanza telemática co secretario general de Agricultura y Alimentación do Goberno central, Fernando Miranda.
No encontro, o conselleiro agradeceu a implicación do executivo liderado por Pedro Sánchez para facer posible a limpeza de canles e a modernización do regadío da Limia, mentres a Xunta se encargará de completar a rede de pozos. Destes preto de 32 millóns de euros, un presuposto inicial estimado de 12 millóns irán destinados a sufragar a limpeza das canles da Limia e dos camiños paralelos, co fin de mellorar a xestión dos subprodutos gandeiros e das augas. O conselleiro agradeceu o compromiso manifestado ao respecto polo propio ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Luis Planas, en Conferencia Sectorial, para evitar e reducir a afectación medioambiental das prácticas agrogandeiras actuais nesta bisbarra ourensá. Así mesmo, investiranse outros 15,9 millóns de euros nun proxecto de mellora da eficiencia e da sustentabilidade dos regadíos da Limia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia promovido polo executivo do Estado para facer fronte aos efectos da covid-19 coa axuda dos fondos europeos Next Generation. Unha cantidade da que o Goberno central achegará máis de 12,7 millóns, mentres a comunidade de regantes da Limia aportará os restantes preto de 3,2 millóns de euros.
29