36
Na Comandancia da Garda Civil da Coruña están de parabéns, celebran o seu 176 Aniversario con 0 positivos por Covid-19. Sen dúbida, unha gran noticia para todos. Tomar as precaucións necesarias e normas de hixiene, contribúe a manter este virus baixo control. A proba, afirman desde o corpo, «somos nós que a pesar de estar en contacto con tantas persoas, conseguimos poñer o contador a cero». Nas oficinas da Zona da Garda Civil de Galicia si continúan cun positivo que está a pasar o virus no seu domicilio.