A comarca de Santiago conta con preto de 100 establecementos adheridos a #QuedamosenGalicia


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou en Arzúa unha das preto de 900 empresas que xa se uniron en Galicia á iniciativa ata agora, #QuedamosenGalicia que se poderán reservar nas ofertas e paquetes publicados polos establecementos adheridos nesta segunda convocatoria do programa, o que supón arredor dun 24% máis que na convocatoria do ano pasado, que contou coa participación de 560 empresas. Na comarca de Santiago están adheridos case 100 establecementos nesta segunda convocatoria nos concellos de A Baña, Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Dodro, Melide, Negreira, Ordes, Padrón, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Touro e Vedra. Así, esta nova convocatoria, posta en marcha xunto co Clúster Turismo de Galicia, permitirá mobilizar máis de 6,8 millóns de euros co obxectivo de reactivar o consumo interno mediante o estímulo do consumo e a demanda interna.