A comarca de Santiago contará con 100 programas de formación a desempregados


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, destacou o compromiso dos concellos de Frades, Ordes e Mesía coa empregabilidade porque levan anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e conseguen importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afronta. Acompañado polos alcaldes de Frades e Ordes, Roberto Rey e José Luis Martínez, visitaron aos alumnos do obradoiro de emprego de Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e en Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas que se está a desenvolver, en colaboración con estos concellos, con este programa financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Entre outras accións, que tamén se desenvolven na contorna desta comarca, destacan as Accións Formativas para Desempregados (AFD), que este ano contan con 79 cursos nesta área e cun investimento de máis de 2,8 millóns de euros para formar a 1.185 alumnos e os  sete PIE, (Programas Integrados de Emprego) nos que se están a formar a 700 desempregados cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros.