A Comarca do Xallas volve ao punto de mira pola incidencia da Covid

Santa Comba suma 93 novos positivos nos últimos 14 días, subindo a incidencia a 965 casos por cada cen mil habitantes. Mazaricos suma 51 novos casos nos últimos 14 días, e a incidencia xa supera os mil: serían 1287 casos por cen mil habitantes. Esperan mellorar axiña, porque din que se nota que respectaron as recomendacións para estas festas. Coas restricións de nivel medio-alto, a hostalería de Mazaricos e Santa Comba pecha ás cinco da tarde, poden xuntarse un máximo de 4 persoas e o aforo está limitado ao 30 por cento en interiores e ao 50 por cento fóra.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha