«Arroutadas» pecha a Primavera Teatral de Paiosaco, na Laracha

1 minutes read
  • Será este venres, ás 20:00 horas, no auditorio do centro sociocultural

Este venres Paiosaco poñerá fin á Primavera Teatral coa terceira e última función que, igual que as dúas anteriores, terá lugar no auditorio do centro sociocultural a partir das 20:00 horas. A comedia Arroutadas é a encargada de pechar este ciclo cultural despois de ter que cancelar a obra Mostellaria debido á imposibilidade de actuar dun dos actores principais.

Arroutadas, dirixida a maiores de dezaseis anos, está formada por tres pezas humorísticas diferenciadas a cargo de Mario Rodríguez, Uxía Algarra e Lydia Prada. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade máxima da sala.

Mes do libro
Outro dos eventos culturais organizados polo Concello é o espectáculo infantil Ris Ras, de Baobab Teatro, incluído no programa do Mes do Libro da Deputación da Coruña. A peza, dirixida a nenos de entre un e oito anos, fai viaxar ao público a través da música, os xogos, os enredos e as historias tradicionais.

A obra terá lugar este sábado, a partir das 18:00 horas, na Casa da Cultura da Laracha. A entrada é gratuíta e soamente se permitirá o acompañamento de adultos no caso de que non se complete cos cativos a capacidade máxima da sala.