A comedia sobre o roubo do Códice Calixtino regresa a Santiago logo de un ano de xira

1 minutes read

O espectáculo, dirixido por Tito Asorey sobre un texto de Manuel Cortés, conta a historia do roubo do Códice Calixtino a través das mulleres que circunvalaron o caso. Despois da súa estrea no Teatro Principal de Santiago no mes de marzo de 2023, ‘Códice K’ regresa á capital para unha única función o venres 9 de febreiro no Auditorio de Galicia.
O elenco, formado por Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos, Patricia Castrillón e Russ, interpreta diferentes personaxes para ir trazando a historia do caso nunha comedia que xoga coas regras, mesturando a estrutura do teatro medieval coa forma do televisivo “true crime”.
As últimas entradas están á venda en codicek.gal e na páxina web de Ataquilla.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?