O espectáculo, dirixido por Tito Asorey sobre un texto de Manuel Cortés, conta a historia do roubo do Códice Calixtino a través das mulleres que circunvalaron o caso. Despois da súa estrea no Teatro Principal de Santiago no mes de marzo de 2023, ‘Códice K’ regresa á capital para unha única función o venres 9 de febreiro no Auditorio de Galicia.
O elenco, formado por Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos, Patricia Castrillón e Russ, interpreta diferentes personaxes para ir trazando a historia do caso nunha comedia que xoga coas regras, mesturando a estrutura do teatro medieval coa forma do televisivo «true crime».
As últimas entradas están á venda en codicek.gal e na páxina web de Ataquilla.