- A Entidade afirma “estar de volta”, animando a veciñanza a prepararse para outro gran evento festivo o vindeiro 3 de xuño.
Dende a Comisión de Festas do barrio da Milagrosa, que preside José Luis Barca Añón, emitiron un comunicado no que, fan unha valoración sobre a celebración o sábado 18 de febreiro do entroido RE-Nacemento do Chorón, unha experiencia piloto que resultou todo un éxito de organización, e por suposto tamén de asistencia de público. Destacando a maiores o gran comportamento cívico de todos os participantes.
Comunicado
“Queremos agradecer a tódolos veciños e veciñas a súa colaboración e apoio para con este evento.
Grazas !!! pola aportación das distintas casas comerciais que donaron as viandas e bebidas para a “Gran Carretilla”.
Grazas !!! á os/as anónimos/as que colaboraron dunha ou doutra maneira.
Grazas !!! a Almacenes Agro, por permitirnos usar a auga da súa traida para poder atender as necesidades da festa e pola doazón do “Choronciño”.
Grazas !!! ó Concello pola súa inestimable colaboración.
Grazas !!! a todos e todas as que nos visitaron e gozaron con nós dun día tan especial.
Grazas !!! polo magnifico comportamento de todos e todas, especialmente á xuventude que nos acompañou ata altas horas da noite.
Para nós, a seguridade e a orde e sinónomo de madurez. Afortunadamente non houbo que lamentar ningún incidente e todo transcurreu dentro da normalidade.
Isto danos folgos para continuar os vindeiros anos, no desexo de que o noso “Choronciño” chegue a “Chorón”, dentro de dezaoito anos”.
