A comisión de traballo do Porto coruñés avanza de cara abrir o peirao de Batería á cidadanía

O Concello da Coruña presentou na comisión de traballo do Porto as súas propostas para avanzar na definición do futuro da fachada marítima.  En concreto, presentou a súa proposta de convenio de colaboración coa Xunta e a Autoridade Portuaria para a adecuación e humanización dos terreos ocupados polo peirao de Batería e tamén o proxecto de protocolo para a reordenación do espazo portuario interior. Canto ao proxecto do novo protocolo, propón a creación dun ente público participado polo resto de administracións competentes e tamén a elaboración dun Plan Director que estableza os diferentes usos e nas distintas zonas en virtude da súa natureza. O Concello participaría na adquisición dos terreos da zona 1 nun 75% do seu valor de tasación a través de aportacións periódicas anuais no período entre 2021 e 2035 e o resto de administracións participantes adquiriría o 25% restante. Isto garantiría unha mellor perspectiva para o futuro do Porto. No caso do convenio, a proposta ten como obxectivo garantir o acondicionamento do peirao de Batería para a súa inminente apertura á cidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha