A Comisión desenvolverá unha ‘Lei Europea de Chips’


A Unión Europea desenvolverá unha ‘Lei Europea de Chips’ para situarse entre os líderes mundiais do seu deseño e produción, anunciou a presidenta da Comisión Ursula von der Leyen. O obxectivo é que Europa teña soberanía tecnolóxica e enviar un firme sinal xeopolítico e económica ao mundo. A falta de semiconductores supuxo unha das maiores ameazas para o relanzamento económico europeo tras a pandemia. Nos últimos meses, a súa escaseza angustiou a empresas de múltiples sectores, desde a electrónica de consumo á fabricación de coches. Von der Leyen lamentou a dependencia dos 27 dos chips fabricados en Asia e a súa reducida cota de participación na cadea de subministración.