32
A Comisión Europea abriu este mércores un procedemento de infracción contra Polonia despois de que o seu Tribunal Constitucional cuestionase a primacía das leis comunitarias. O pasado outubro, esta corte determinou que disposicións dos tratados da Unión Europea son incompatibles coa Constitución polaca. A Comisión mantén que este máximo órgano xudicial xa non é independente do Goberno do país. Polonia dispón agora de dous meses para responder as alegacións de Bruxelas ou enfrontarse a posibles sancións. En outubro o Tribunal de Xustiza europeo impuxo a Polonia unha multa dun millón de euros ao día por non implementar a súa resolución de suspender parte das súas polémicas reformas xudiciais.