A Comisión Europea considera ilegais as prórrogas da concesión da AP-9 ata 2048


Deste xeito, a Comisión Europea anunciou este xoves a apertura dun expediente a España pola extensión da concesión da autoestrada AP-9 sen unha previa licitación pública. A Comisión responde así á demanda presentada pola asociación En-Colectivo. Bruxelas enviou unha carta ás autoridades españolas para asegurarse da correcta aplicación da regulación europea na concesión de contratos, ao considerar que España, do mesmo xeito que Italia, non cumpriu coas súas obrigacións nesta materia. Desta forma dáse a oportunidade ás empresas interesadas a optar á concesión, promovendo un mellor servizo ao menor prezo. Para corrixir isto, Bruxelas espera que as autoridades españolas saquen a renovación da AP-9 a concurso público, o que debería facerse ao acabar a vixencia da concesión, en lugar de prorrogarse. España ten dous meses de prazo para contestar as dúbidas expostas por Bruxelas. En caso de non responder satisfactoriamente, o Executivo comunitario podería enviar un ditame motivado e, como último paso, mandar a España ao Tribunal de Xustiza da UE.