A Comisión Europea desenténdese do gasoduto entre Francia e España


A Comisión Europea rexeitou financiar o gasoduto que uniría a península Ibérica con Francia a través dos Pireneos -coñecido como MidCat- debido a que “o proxecto non é de interese común”. Tanto España como Alemaña reclamaron resucitar o gasoduto a semana pasada co fin de garantir a subministración de gas en Europa a longo prazo. O presidente francés, Emmanuel Macron, rexeitou este luns resucitar o Midcat porque, na súa opinión, os gasodutos existentes non funcionan a pleno rendemento e exportan gas desde Francia a España. O portavoz de Enerxía da Comisión Europea, Tim McPhie, sinalou que o Midcat non está na lista de Proxectos de Interese Común (PIC) da Unión Europea porque as autoridades españolas e francesas decidiron deixalo “en pausa” á espera de “novas avaliacións”, despois de constatar que o proxecto non estaba “maduro”.