A Comisión Europea propón tope ao prezo do petróleo ruso


A Comisión Europea pretende impoñer un tope de prezos ao petróleo ruso e restrinxir aínda máis os vínculos comerciais con Moscova co novo paquete de sancións que anunciou este o mércores a presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen. A última proposta é unha resposta directa aos «referendos» celebrados en catro rexións de Ucraína ocupadas por Rusia e ao decreto de mobilización parcial asinado a semana pasada por Vladimir Putin para incorporar ata 300.000 reservistas ao exército nacional. As votacións considéranse o preludio da anexión. A rolda de sancións proposta introduciría novas prohibicións de importación para manter determinados produtos rusos fora do mercado da UE e privaría ao Kremlin de 7.000 millóns de euros de ingresos, asegurou von der Leyen. Tamén se prohibirían as exportacións de produtos fabricados na UE, en particular a tecnoloxía crave utilizada no exército ruso, como os compoñentes de aviación, electrónicos e químicos.