37
Salvamento coñeceu a decisión da navieira nunha xuntanza técnica á que tamén asistiu o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada. O obxectivo final é reflotar o barco, pero antes deberá extraer o combustible, unhas noventa toneladas de fuel e gasóleo. Ten vintecatro horas de prazo para presentar un plan. Xavier Losada, delegado do Goberno en Galicia afirma que: «A navieira xa está traballando na avaliación do buque. Cando complete a extracción do combustible levará a cabo a recuperación do buque como crea convinte».
SMIT está considerada a empresa de rescates máis importante do mundo. Antes de actuar, o seu plan deberá ser autorizado por Capitanía Marítima.