A compañía teatral A Panadaría gaña o premio Begoña Caamaño

Este premio naceu na Deputación da Coruña no ano 2017 en memoria da xornalista, escritora, activista cultural e feminista Begoña Caamaño coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura.

A compañía teatral A Panadaría, fundada en 2013 por Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro, é a gañadora deste premio á acción cultural pola igualdade de xénero da Deputación da Coruña. O xurado optou pola compañía que levou á escena a historia de Marcela e Elisa polo seu compromiso feminista e a súa proposta arriscada e innovadora. O premio, que chega a súa cuarta edición, está dotado con 6.500 €.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha