A conca do Anllóns mantense en alerta por seca a pesar da choiva

1 minutes read
Alerta por seca no río Anllóns, da costa da Coruña a Arteixo

A choiva dos últimos días en Galicia non permite aínda unha recuperación suficiente das reservas dos encoros, polo que a Xunta decidiu manter a alerta por seca -o segundo nivel máis grave- en 32 concellos de Pontevedra e da Coruña, así como a situación de prealerta por escaseza moderada en 59 localidades.

Os encoros de Galicia-Costa están no 62,5 % da súa capacidade, 11,4 puntos porcentuais por baixo do nivel rexistrado nas mesmas datas do ano pasado.

Na conca do Anllóns, son Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cerceda, Coristanco, Culleredo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Tordoia e Zas.

A alerta por seca supón a adopción de medidas para conservar os recursos hidráulicos existentes, tales como a prohibición de usos prescindibles como baldear rúas, encher piscinas, regar xardíns e, se fose necesario, cortes de auga puntuais.