A empresa xestora clausurou as zonas de augas do complexo incapaz, di, de asumir os custos debido á suba dos recibos da electricidade ata un trescentos por cento. A empresa concesionaria reintegrará aos usuarios a parte proporcional dos cursos que se estaban impartindo e comprométese a retomar o servizo en canto sexa posible. Deste xeito, máis de medio milleiro de deportistas quedan en Pontevedra sen poder usar o recinto onde realizaban os seus adestramentos. Na mesma situación quedan varios centos de persoas que tamén facían uso das instalacións. Nun escrito, divulgado a través da páxina web da empresa e das súas redes sociais, relataba que ademais o peche producirase «temporalmente» e que «non se poderán usar nin as piscinas nin as zonas spa. O resto de servizos seguiranse prestando con normalidade». Os usuarios do ximnasio poderán seguir exercitándose.
29