39
A plataforma de contratación do Estado abriu o proceso de licitación dos 32 postos vacantes nos mercados municipais coruñeses para os que se abre o prazo de presentación de ofertas, que finalizará o 25 de xuño. A concesión dos expositores é de 15 anos, prorrogables por outros dez máis.
Esta licitación está pensada desde unha perspectiva social, polo que se estableceron uns criterios de valoración que favorecen a inserción laboral das persoas desempregadas, das que teñen algunha discapacidade e das mulleres.
As solicitudes deberán presentarse a través da plataforma de contratación do estado.