A Confederación Hidrografica do Miño-Sil sanciona o Adif con 50.000 euros

1 minutes read

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil impúxolle unha sanción de 50.000 euros ao Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, o Adif, por guindar catro vagóns ao río Sil, en Sobradelo, en Carballeda de Valdeorras.
Ocorreu tras o descarrilamento dun tren de mercadorías o pasado 28 de xuño. E os catro vagóns que tiraron ao leito do río xa foron retirados o pasado martes. Agora, o organismo da bacía decide sancionar, pero aclara que a medida non é firme que a compañía ferroviaria poder recorrer. Pola súa banda, a Xunta de Galicia tamén propón unha multa de 30.000 euros por estes feitos contra o medio ambiente.