35
A confraría e o Concello de Malpica ven de solicitarlle por carta ao Ministerio de Pesca medidas de protección para os pescadores de baixura mentres dure a actual crise sanitaria. Entre elas, o reforzamento da seguridade das embarcacións e a posibilidade de acollerse a un ERTE dada a gran caída de ventas e de prezos sufrida no sector. “Non é a nosa intención engadir un problema máis á complexa situación que lle corresponde xestionar estes días, pero transmitímoslle a situación límite que está a vivir a nosa frota, tanto pola ausencia de condicións de seguridade como pola mala rendibilidade”, din o alcalde e o Patrón Maior.