A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou o polígono de Bértoa

1 minutes read

Medio Ambiente inicia a venta de máis de 750.000 m2 de solo empresarial de Xestur cunha bonificación global que ascende aos 28 millóns de euros.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou este luns en Carballo que o parque empresarial de Bértoa está incluído na oferta, polo que os interesados poden adquirir case 80.000 m2 en 21 parcelas dispoñibles, que suman unha rebaixa no prezo de 2,7 millóns de euros. A conselleira recordou que, ademais do prezo bonificado destas parcelas sobre as que se desconta un 30 ou 50%, os interesados tamén teñen a opción de adquirir dito solo en dereito de superficie, ás que se establece un canon anual dun 1,5 do prezo da parcela sen bonificar os dous primeiros anos; un 2,5% as dúas seguintes anualidades; e un 3,5% no quinto ano e seguintes.

Parque empresarial de Bértoa

Ángeles Vázquez puxo como exemplo as ventas rexistradas neste parque, pois nos últimos cinco anos adxudicáronse 330.548 metros cadrados con bonificacións, as cales supuxeron 10,7 millóns de euros; ao tempo que se erixe como exemplo para as empresas que deben apostar por asentarse en Galicia, pois se traduce en riqueza para Galicia, pois o parque de Bértoa é o que rexistrou un maior volume de vendas bonificadas de toda Galicia. Recordou que a última ampliación deste parque empresarial foi realizada por XESTUR en 2011 cun investimento de preto de 26 millóns de euros e unha superficie bruta de 718.482 metros cadrados.