40
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visita este venres, ás 13:00 horas as instalacións da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), no Fórum Carballo. Unha entidade sen ánimo de lucro, fundada no ano 1992 por un grupo de empresarios da zona, co obxectivo de servir como nexo de unión entre as empresas locais. Despois de case 30 anos e grazas á labor realizada polas distintas Xuntas Directivas, case 200 empresas forman parte deste proxecto que contribúe, en gran medida, ao desenvolvemento do tecido empresarial na comarca de Bergantiños.