A conselleira do Mar participará na procesión marítima das Festas do Mar de Malpica


As Festas do Mar de Malpica teñen o seu punto culminante este domingo pola tarde, cando centos de embarcacións bótanse á mar na honra da Virxe do Carmen, patroa dos mariñeiros, nunha procesión que chega ata as Illas Sisargas e é seguida por multitude de xente. A posibilidade de participar nela é ter a algún coñecido con embarcación ou alguén que che suba a bordo, para o que se aconsella estar sobre as tres da tarde no porto. Este ano tamén confirmou a súa asistencia a conselleira do Mar, Rosa Quintana.