A construción do centro de día de Malpica seguirá o seu curso


A conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse este martes co alcalde de Malpica de Bergantiños, Walter Pardo, e con outros representantes da corporación municipal, e garantiulles que a Xunta de Galicia seguirá colaborando no financiamento para crear un novo centro de día municipal na localidade.

Cumprindo así o compromiso coas veciñas e veciños de Malpica para que poidan dispoñer dun centro de día de titularidade municipal.

O convenio que se asinara en novembro do ano 2018 perdeu xa a súa vixencia, logo de que o Concello non licitase nin iniciase nestes 14 meses as obras para a rehabilitación da Casa do Oleiro, edificio no que está previsto instalar este novo centro de atención ás persoas maiores. Para resolver esta situación, a Xunta propón asinar un novo convenio de carácter plurianual polo mesmo importe co que contaba o anterior, 150.000 euros.