A consulta pública a implementación dunha nova concentración parcelaria en Ordes

1 minutes read

Cabe destacar que no Concello de Ordes xa se remataron 11 zonas de concentración parcelaria, cunha superficie concentrada que acada as 9.170 hectáreas, afectando a 52.223 parcelas e a 11.863 predios resultantes de 5.964 persoas propietarias. A maiores, trabállase na zona de concentración parcelaria de Poulo, decretada en 2021 e que afecta unha superficie de 744 hectáreas. Así, de materializarse o proceso de Pereira II, completaríase a concentración do 100 % do territorio municipal de Ordes. Agora a Xunta anuncia o inicio da tramitación para a avaliación previa da zona de reestruturación parcelaria de Ordes – Pereira II – cunha superficie de 1.323 hectáreas implicadas.

As concentracións parcelarias son unha ferramenta fundamental para paliar o minifundismo presente na nosa comunidade, dende o punto de vista da estrutura da propiedade. Así, permite reorganizar parcelas de cara ao redimensionamento das explotacións, facéndoas máis rendibles e abaratando os custos de produción, incrementando a súa sustentabilidade e competitividade no mercado. Así mesmo, posibilita mellorar as vías de comunicación, non só para as parcelas, senón entre poboacións, o que supón maior dotación de servizos básicos que potencian a calidade de vida no rural, entre outras actuacións relativas a infraestruturas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?