A consulta pública a modificación da normativa que regula os contratos no sector lácteo

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou na súa páxina web a modificación da normativa que regula as condicións de contratación no sector lácteo (real decreto 95/2019, do 1 de marzo), que a partir deste 12 de xaneiro, inicia o proceso de audiencia e información pública. A iniciativa ten por obxecto facilitar que os contratos de compra-venda de leite cru entre a industria e os produtores se axuste con rapidez aos incrementos nos custos de produción que de maneira sostida se veñen producindo nos últimos meses. Trátase de asegurar que os custos de produción se repercutan de maneira equilibrada ao longo da cadea de valor do leite e produtos lácteos, sen que produzan reducións de marxes nas granxas que poñan en perigo a súa viabilidade. Doutra banda, tamén se introducen outra serie de modificacións que pretenden mellorar tanto o poder negociador do produtor como as relacións contractuais establecidas. O proxecto, pola urxencia derivada da situación actual, estará sometido a información pública durante 7 días, ata o próximo 20 de xaneiro inclusive.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha